
|
 |
 |
PRESENTACIÓN DO LIBRO ÁLBUM DE GUERRA |
O venres, 6 de xuño, ás 8 da tarde, na Galería Sargadelos, rúa da Oliva en Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Álbum de Guerra. Canteiros da Terra de Montes no exército popular da República. Nesta publicación, un vello cenetista de Cerdedo, Roxelio Arca Rivas, amósanos toda unha colección de fotografías que Roxelio tomou coa súa cámara fotográfica na fronte de Madrid no ano 1937; estes negativos conservounos estes setenta anos nos que, con toda dignidade, tivo que sufrir a represión do réxime franquista. Non só conservou as fotos senón escritos que nos achegan ao horror daquela guerra.
Esta impagable documentación complétase cun documentado estudo do historiador Dionisio Pereira que enmarca a participación de moitos traballadores da Terra de Montes como milicianos do exército popular republicano.
A publicación , magnificamente editada pola Difusora de Letras, Artes e Ideas e a asociación Verbo Xido, constitúe un documento imprescindible na recuperación da memoria da guerra. Sempre con Vós.Cidadanía pola Verdade de Pontevedra e Verbo Xido de Cerdedo, convidan a toda a cidadanía pontevedresa a asistir a este acto no que intervirá Dionisio Pereira e terá lugar a proxección de fotografías de Álbum de Guerra.
|
| |
|
 |
PRESENTACIÓN DO ALBUM DE GUERRA EN CERDEDO |
O vindeiro sábado 2 de Febreiro, a Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes “Verbo Xido” e a Editorial “Difusora de Letras, Artes e Ideas” de Ourense, presentarán o libro Canteiros da Terra de Montes no Exército Popular da República. Album de Guerra, da autoría de Rogelio Arca Rivas e Dionísio Pereira.
O acto terá lugar na Antiga Cámara Agraria de Cerdedo, ás 19 h 30. Nel intervirán, ademáis dos autores:
- Xurxo Pantaleón, do Proxecto Interuniversitario “As Vítimas, Os Nomes, As Voces”.
- Xavier Paz, de “Difusora de Letras, Artes e Ideas”.
- Claudio Rodríguez Fer, poeta e profesor da Universidade de Santiago.
- Representante da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia
Haberá proxección dunha colección de fotografías dos canteiros da Terra de Montes que participaron na defensa do Madrid republicano no ano 1937.
Ao remate, tomaremos un pincho de confraternidade.
Vos agardamos.
|
| |
| |
|
 |
PRESENTACIÓN LITERARIA XOVES 3 DE XANEIRO |
|
| |
|
 |
REPOSICIÓN POR PARTE DA ASOCIACIÓN VERBO XIDO DA PLACA DE HOMENAXE NA LEMBRANZA DOS ASASINADOS EN 1936 NA PONTE DO BARCO (PEDRE)-CERDEDO, LOGO DUN NOVO ATENTADO (15.09.07 ) |
| |
|
 |
| |
|
| |
| |
|
 |
O DEREITO A SABER, A LIBERDADE DE INVESTIGAR. A REPRESIÓN FRANQUISTA EN GALIZA. XORNADAS O GROVE 19-22 DE SETEMBRO DE 2007
|
| |
|

Click na imaxen para ver o programa.
|
| |
| |
|
 |
PROGRAMA DO 17 DE AGOSTO DÍA DA GALIZA MARTIR |
| |

- 13:00 h. HOMENAXE INSTITUCIONAL A ALEXANDRE BÓVEDA.
No monumento a Alexandre Bóveda na Caeira en Poio. Intervirán:
Anxo Quintana (Vicepresidente da Xunta de Galiza)
Luciano Sobral (Alcalde de Poio)
Fernando Quintela (Presidente da Fundación Alexandre Bóveda)
- 14:00 h. XANTAR DE ENTREGA DO II PREMIO DIA DE GALIZA MARTIR Á RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA AO HISTORIADOR DIONISIO PEREIRA
No Pazo de Cultura, Rúa Alexandre Bóveda, Pontevedra (Para inscribirte podes dirixirte a, o custe é de 20 €)
Anxela Bugallo (Conselleira de Cultura)
Xoán Carlos Garrido (Fundación Alexandre Bóveda)
Dionisio Pereira
- 18:30 H. CERIMONIA DE ANIVERSARIO NA CAPELA DE SAN AMARO (PONTEVEDRA)
- 19:00 H. ACTO CÍVICO DIANTE DO SARTEGO DE A. BÓVEDA
- 20:30 H. HOMENAXE POLÍTICA NO MONUMENTO A A. BÓVEDA
Na Praza de Curros Enríquez diante do monumento a Bóveda (Pontevedra)
Uxio Breogán Diéguez (Fundación Alexandre Bóvweda)
Francisco Jorquera (Senador do BNG)
|
| |
| |
|
 |
PROGRAMA DO 17 DE AGOSTO DÍA DA GALIZA MARTIR |
| |
|

- 13:00 h. HOMENAXE INSTITUCIONAL A ALEXANDRE BÓVEDA.
No monumento a Alexandre Bóveda na Caeira en Poio. Intervirán:
Anxo Quintana (Vicepresidente da Xunta de Galiza)
Luciano Sobral (Alcalde de Poio)
Fernando Quintela (Presidente da Fundación Alexandre Bóveda)
- 14:00 h. XANTAR DE ENTREGA DO II PREMIO DIA DE GALIZA MARTIR Á RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA AO HISTORIADOR DIONISIO PEREIRA
No Pazo de Cultura, Rúa Alexandre Bóveda, Pontevedra (Para inscribirte podes dirixirte a, o custe é de 20 €)
Anxela Bugallo (Conselleira de Cultura)
Xoán Carlos Garrido (Fundación Alexandre Bóveda)
Dionisio Pereira
- 18:30 H. CERIMONIA DE ANIVERSARIO NA CAPELA DE SAN AMARO (PONTEVEDRA)
- 19:00 H. ACTO CÍVICO DIANTE DO SARTEGO DE A. BÓVEDA
- 20:30 H. HOMENAXE POLÍTICA NO MONUMENTO A A. BÓVEDA
Na Praza de Curros Enríquez diante do monumento a Bóveda (Pontevedra)
Uxio Breogán Diéguez (Fundación Alexandre Bóvweda)
Francisco Jorquera (Senador do BNG)
|
| |
| |
|
 |
Venres da Memoria |
| |
|
Durante o acto serán homenaxeados os mártires de Cuntis e aos seus fillos/as a tenente de alcaldesa e concelleira de cultura entregaralle agasallos conmemorativos da xornada e como recoñecemento ao labor dos seus familiares asasinados |
| |
|
| |
| |
|
Durante este verán terán en lugar todos os venres diferentes actos de recuperación da memoria histórica. Este é o cartel que anuncia as xornadas que empezarán cun acto de presentacíón de dúas obras relacionadas co cuntiense Xoán Xesús González.

|
| |
|
| |
|
| |
|
| |
| |
| |
|
| |
|
| |
|
 |
A REPRESIÓN QUE "OFICIALMENTE" NUNCA EXISTIU |
| |
|
As dificultades de investigación histórica dos crimes extraxudiciais do franquismo
(Os casos das comarcas de Tabeirós-Terra de Montes)
ACTO PÚBLICO NA ESTRADA
Venres 29 de xuño ás 20:00 na Sala Varela Buxán do Teatro Principal da Estrada
Intervirá: Dionisio Pereira (historiador e membro do Consello da Memoria), Xoán Carlos Garrido (historiador e membro do Consello da Memoria) e Antonio Mascato (Presidente da Comisión pola memoria e Concelleiro de Cultura en O Grove)
Diante da denuncia presentada contra Dionisio Pereira polo contido da súa intervención no Congreso da Memoria celebrado en Narón, en decembro de 2003, e publicada nas Actas no 2004; polas alusións que neste relatorio fai a "persoas sinaladas nos asasinatos e maltratos ou como instigadores dos mesmos" a unha serie de nomes de cargos da falanxe, todos eles falecidos, que o historiador recolleu das súas testemuñas orais, e cuxos familiares agora lle acusan de atentar contra o seu honor; compre facer unha reflexión pública sobre o papel da investigación histórica neste país e das dificultades que ten abordar certos períodos coa metodoloxía propia desta ciencia si se lle aplica a persecución xudicial e a censura.
Con este acto trátase de dar a coñecer a opinión pública as características peculiares do obxecto de estudio ao que non se lle pode impoñer os mesmos esquemas da realidade presente como se verá. Referímonos a represión informal desatada o 18 de xullo de 1936. Un contexto de excepción e unhas actividades nocturnas nas que se prestaba especial celo en borrar o rastro dos autores. Neste acto propoñemos mostrar exemplos de abondo deste xeito de proceder. De aí que non se poida ir moito máis alá de establecer relacións lóxicas en base a testemuñas fundamentalmente orais que apunten á participación en diferente grao dos membros destas organizacións paramilitares (Falanxe e Garda Cívica) na comisión de crimes que de xeito irrefutable se cometeron. Asi pois, polas características destes feitos estudados, as veces non se pode ir máis alá de formular hipóteses nos termos expostos polo historiador denunciado, mais tampouco en ningún caso se pode pasar por menos, senón o traballo de investigación quedaría sesgado e incompleto e daría a impresión errónea de que foron forzas irracionais anónimas as que levaron a cabo estas accións. Algo contrario aos postulados de calquera ciencia que pretanda avanzar no coñecemento da realidade, propoñendo conxeturas que expliquen as causas e o funcionamento dun feito social desta envergadura e relevancia para comprender o noso presente.
Por iso queremos dar a oportunidade a opinión pública de saber como eran aquelas circunstancias e as dificultades dos investigadores de sacalas á luz; e, en definitiva, as graves consecuencias que esta denuncia ten para o desenvolvemento e progreso destes estudios e para a liberdade de creación científica.
|
| |
|
| |
| |
|
| |
|
 |
IV Premio Vidal Bolaño a Dionisio Pereira e Verbo
Xido |
| |
|
|
| |
|
| |
| |
|
| |
|
 |
A represión que "oficialmente" nunca existiu. |
| |
|
| |
| |
| |
| |
 |
Homenaxe á corporación republicana. |
|
Xestora Municipal Estradense
5 de Maio de 1936
Presidente: Jesús Puente Fontanes (Agrario) [FUSILADO O 5 DE XUÑO de 1937]
1º Tenente Alcalde: Ramón Fernández Rico (Unión Republicana) [FUSILADO O 5 DE XUÑO DE 1937]
2º Manuel Coto Chan (PSOE) [FUXIDO NO MONTE, capturado o 28 de novembro de 1938 e en prisión en condicións infrahumanas até outubro de 1945]
3º Eusebio López Vilán (Presidente da Sociedade Agrícola de Barbude. Partido R. Radical Agrario)
4º Manuel Campos Vázquez (Casa do Pobo) [FUXIDO NO MONTE até o 30 de marzo de 1939]
5º José Rodríguez Sangiao (Comunista) [FUSILADO O 5 DE XUÑO DE 1937]
6º Francisco Rivas Besteiro (Agrario) [DEPURADO DO MAXISTERIO, SUSPENDIDO DE EMPREGO E SOLDO]
Síndicos:
Camilo Pereira Rial (Galeguista)
Manuel Nogueira Pereira (Agrario)
Concelleiros
José Fondevila Torres (Izquierda Republicana)
David Maceira (Agrario)
Francisco Villar Torres (Agrario)
José Gómez Rivas (Agrario) [FUSILADO O 15 DE OUTUBRO DE 1936]
|
| |
| |
| |
| |
 |
Acto público na lebranza de Emilio Alonso Paz. |
|
Desde a Asociación Socio-Cultural Adellís e a Comisión pola Memoria Siñor Afranio, dispóñemonos a organizar o vindeiro sábado 17 de marzo, ás 19:00 h, un acto de homenaxe e lembranza ao Alcalde republicano de Silleda, Emilio Alonso Paz no 70º aniversario do seu vil asasinato. O acto terá lugar na rúa que leva o nome do Alcalde Alonso Paz, baixo a placa que comemora este nomeamento.
Emilio Alonso Paz, veciño de Cartemil-Siador, nado en 1878, foi Alcalde de Silleda nos anos da IIª República. Era militante de Izquierda Republicana e no 1936 foi reeleito alcalde de novo, esta vez na candidatura da Frente Popular.
Logo da sublevación militar fascista do 18 de xullo de 1936, vese obrigado a fuxir a Portugal, posteriormente é delatado, encarcerado na illa de San Simón, e finalmente, fusilado en Monte Porreiro, na cidade de Pontevedra o 16 de marzo de 1937.
É por todo isto e coincidindo co 70 aniversario da súa morte, despois dun longo ano da memoria relembrando a verdade histórica do 36, que nos vemos na agradecida obriga de lembrarnos del, homenaxealo e difundir entre a sociedade e o povo do Trasdeza os seus valores e os dos seus contemporáneos represaliados polo franquismo, os da IIª República e a democracia.

| |
| |
| |
| |
| |
 |
Proxección na Estrada do documental de Xoán Carlos Garrido "A derradeira lección do mestre" |

|
|
|
|